Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/283).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: Arenal 45.B, 15621 Cabanas.

Denominación: L.M.T. subterránea a C.T. Arenal 1.

Situación: Cabañas.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.Z. 1, 12/20 kV de 3(1x95), con orixe no C.T. Arenal 1, con dous circuítos, seguindo o camiño de Cabadas, un de 223 m de lonxitude que entronca na liña que alimenta o C.T. atallo e outro de 200 m de lonxitude que entronca coa liña que alimenta o C.T. A Pena. Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña