Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de construcción e obras públicas da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de construcción e obras públicas da provincia da Coruña (código convenio 1500395), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-9-2002 e complementado o 3-10-2002, subscrito en representación da parte económica por Apecco, e da parte social por UGT, CIG e CC.OO. o día 10-9-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo que consta nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de outubro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo construcción ano 2002

Actividade: construcción e obras públicas.

Convenio colectivo de traballo para as industrias da construcción da provincia da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de obrigado cumprimento en tódalas actividades propias do sector da construcción que se determinan no convenio xeral do sector e que non teñan convenio propio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio xeral será de aplicación en todo o territorio da provincia da Coruña, sen prexuízo do disposto no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

1. A normativa desta convenio será de abrigada e xeral observancia para tódalas empresas, entidades públicas e traballadores das actividades enumeradas no artigo 1º.

2. Exclúese do ámbito do presente convenio o persoal directivo (nivel I). Este persoal é de libre designación pola empresa. A súa relación laboral rexerase polo seu contrato de traballo e, se é o caso, pola normativa especial que lle resulte de aplicación.

Se un directivo non foi contratado como tal, senón que accede ó dito cargo por promoción interna na empresa, soamente estará excluído da aplicación deste convenio mentres desempeñe o dito cargo e para as condicións que deriven exclusivamente del.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

A vixencia, para efectos económicos, deste convenio será desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou no BOP, coas actualizacións que recolle o artigo 6º.

Malia o anterior, e para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade tanto o seu contido normativo como no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Prórroga.

A denuncia da rescisión ou revisión do convenio deberá realizarse cunha antelación de tres meses á súa terminación ou prórroga en curso. A denuncia

deberá efectuarse mediante comunicación escrita á outra parte; contarase o prazo dela desde a data de recepción da dita comunicación.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

O incremento económico atópase reflectido nos conceptos do salario base, gratificacións extraordinarias, retribucións de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o indice anual de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 2002 supere o 2,2 %, correspondente ó previsto para 2002 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio do ano seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º.1 deste convenio.

Artigo 8º.-Prelación de normas.

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario, as relacións entre os traballadores e empresarios afectados por el.

No que non está previsto neste convenio haberá que atarse ó que dispón o convenio xeral do sector da construcción, Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais vixentes.

Artigo 9º.-Compensación e absorción.

As condicións que se implantan por virtude desta convenio compensarán e/ou absorberán calquera outra que exista á súa entrada en vigor, sexa cal fose a súa natureza ou a orixe da súa existencia, así como as que se poidan establece-las publicadas durante a súa vixencia, a non ser que estas formen un conxunto máis beneficioso para o traballador, consideradas en cómputo anual; neste caso substituirán integramente as deste convenio.

Artigo 10º.-Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio, ou que se pacten durante a súa vixencia con persoa ou grupo de persoas, polas empresas afectadas por el, sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, superen as establecidas por este, debido á condición que ten de normas mínimas de relación tanto no que se refire ó social como ó económico.

Artigo 11º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade laboral, en uso das súas facultades, non aprobase algún dos pactos contidos nel, este quedará sen eficacia práctica, e deberá ser reconsiderado o contido na súa totalidade.

Artigo 12º.-Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que esta designe na primeira reunión que se celebre.

Quedará constituída por seis representantes dos traballadores e seis representantes dos empresarios, que serán designados polas centrais sindicais asinantes do presente convenio e a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción da Coruña (Apecco), respectivamente.

Nomearase secretario a un vocal da comisión.

Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade e aqueles que interpreten este convenio, terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

A comisión entenderá das seguintes cuestións:

a) A interpretación do convenio.

b) Por instancia dalgunha das partes, mediar e/ou tentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo destas e por solicitude delas, arbitrar en cantas ocasións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación deste convenio.

c) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

d) As demais que se lle atribúen no convenio xeral.

Condicións económicas

Artigo 13º.-Normas xerais.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se xuntan como anexo I e se regulan nos artigos seguintes:

O salario base devengarase durante tódolos días naturais.

Os complementos salariais e extrasalariais devengaranse durante os días efectivamente traballados.

As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais na seguinte forma:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

As formas de devengo da retribución anual virán dadas pola seguinte fórmula:

R.A.=S.B.x335+[(CS+CE) x Número de días efectivos de traballo)] + Vacacións+P.X.+P.N.

Sendo:

R.A.=retribución anual.

S.B.=salario base.

C.S.=complementos salariais.

C.E.=complementos extrasalariais.

P.X.=paga de xuño.

P.N.=paga de Nadal.

Os cadros de retribucións que figuran unidos ó presente convenio como anexos forman parte integrante del e teñen a mesma forza de abrigar que o resto do convenio.

Artigo 14º.-Pagamento de haberes.

1. Tódalas percepcións, agás as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos de contía non superior ó 90% das cantidades devengadas.

2. As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando, por necesidades organizativas, se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que, en ningún caso, tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e por tanto, non retribuído para ningún efecto.

4. As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose o cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

5. O traballador deberalle facilitar á empresa, no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 15º.-Salario base.

Entenderase por tal o que figura por cada categoría e profesión na táboa salarial, anexo I; aplicarase para efectos de encadramento do persoal nelas o que dispón o convenio xeral do sector.

Complemento salarial.

Artigo 16º.-Complemento de asistencia.

Aboaráselles a tódolos traballadores na contía sinalada na táboa de retribucións que figura como anexo I ó presente convenio e devengarase por día efectivo de traballo sempre que o traballador preste servicio efectivo, polo menos, durante 4 horas.

Este complemento de asistencia perderase nas circunstancias e contías seguintes:

a) A segunda falta sen xustificación será penalizada coa perda de dez días do complemento de asistencia, ademais das retribucións correspondentes ó día da falta.

b) A terceira falta será penalizada coa perda do complemento de asistencia correspondente á totalidade do mes, ademais das retribucións correspondentes ó día da falta.

c) Estas faltas de asistencia poderán dar lugar, ademais, ás oportunas sancións de acordo coa vixente ordenanza.

d) As faltas computaranse sempre dentro do mes natural.

e) A comisión de novas faltas de asistencia dará lugar, en todo caso, ás sancións previstas na lexislación vixente.

Artigo 17º.-Complemento extrasalarial.

1. Co fin de compensa-los gastos que se producen ós traballadores para acudir ós seus postos de traballo, tendo en conta a mobilidade destes, que constitúe unha característica deste sector, e calquera que sexa a distancia que deban percorrer, aboarase un complemento extrasalarial, calculado por día efectivo de traballo que, de igual contía para cada grupo, se determina na táboa anexo I, deste convenio.

O dito devengo substitúe os complementos de distancia e transporte, establecidos nas ordes ministeriais do 10 de febreiro, 4 de xuño e 24 de setembro de 1958 e Resolución do 5 de xuño de 1963.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán: a primeira antes do día 30 do mes de xuño, e a segunda, antes do 20 de decembro.

A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría e nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I, máis antigüidade.

As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores que ingresen ou cesen no transcurso de cada semestre natural devengarán a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante este, de acordo co que determina o artigo 62 do convenio xeral.

Outros complementos extrasalariais.

Artigo 19º.-Desgaste de ferramentas.

Ó persoal con dereito a percibir compensación económica por desgaste de ferramentas aboaráselle na contía mínima de 0,45 euros por día traballado para o ano 2002.

Artigo 20º.-Locomoción.

Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, xa sexa poñendo os medios propios a dispor do traballador, xa aboándolle a compensación de 0,17 euros por quilómetro.

Artigo 21º.-Roupas de traballo.

Ó persoal de obra seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda, que terá unha duración de seis meses. Esta peza será entregada unha vez superado satisfactoriamente o período de proba, e as sucesivas dentro dos primeiros días seguintes ó cumprirse os seis meses, sendo o uso delas obrigatorio.

As empresas poderán facer constar na dita peza o seu anagrama ou o da actividade.

A conservación e limpeza da citada peza de roupa de traballo será por conta do traballador, o cal debe manter un bo estado de conservación e uso.

Artigo 22º.-Traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos.

Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten especialmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% do seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada, ou menos tempo, o complemento será do 10%.

As cantidades iguais ou superiores ó complemento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas serán respectadas, sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, caso no que non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados aumentos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

Se, por calquera causa, desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os citados incrementos, non tendo, por tanto, carácter consolidable.

En caso de discrepancia entre as partes sobre se un traballo, labor ou actividade se debe cualificar como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, correspóndelle á autoridade laboral competente resolvelo.

A dita resolución será obxecto de recurso polas partes de acordo coa lexislación vixente.

Os incrementos económicos que, se é o caso, se deriven da citada resolución producirán efectos a partir da data en que esta fose notificada, agás que a resolución dispoña outra data.

As partes asinantes recoñecen a importancia que ten para o conxunto do sector a progresiva desaparición deste tipo de traballos, cando menos a reducción ó mínimo posible das condicións de penosidade, toxicidade ou perigosidade que repercutan negativamente na saúde e seguridade dos traballadores, tendo, en calquera caso, estes traballos carácter transitorio e conxuntural.

Artigo 23º.-Reclamacións dos traballadores.

Sen prexuízo do dereito que asiste os traballadores de acudiren e presentaren as súas reclamacións perante a autoridade administrativa ou xurisdicción competente, poderanas presentar perante a empresa en que prestan os seus servicios, a través dos seus representantes legais ou os seus xefes inmediatos.

As empresas tratarán de resolver estas reclamacións no prazo máis breve posible co obxecto de evitar ou reduci-la súa presentación formal nas mencionadas instancias.

Artigo 24º.-Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axudas de custo percibirá, por día efectivo de traballo, as cantidades que se sinalan:

-Axudas de custo completas: 20,16 euros diarios.

-Media axuda de custos: 7,82 euros diarios.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

a) As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, agás as que teñan a súa causa en forza maior.

b) Considéranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da producción, ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

c) O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de 80 ó ano.

d) Os importes das horas extraordinarias para cada unha das categorías son os que se determinan na táboa anexo I.

e) As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no punto c) deste artigo.

Artigo 26º.-Xubilación.

Recoñécense dúas clases distintas de xubilación, como medidas para fomenta-lo emprego:

Xubilación forzosa.

Como política de fomento do emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, agás pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Xubilación anticipada.

Seguirase o disposto ó respecto na lexislación vixente.

2. Queda sen efecto o contido do artigo 45 a) do convenio precedente, por acordo no convenio xeral do sector da construcción, art. 101, do ano 2002.

Artigo 27º.-Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do Acordo Nacional da Construcción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o 18 de outubro de 1996 (BOE do 21 de

novembro), ámbalas partes asinantes asumen os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado engadiráselle, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador devengase e non cobrase o 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe cada convenio de ámbito inferior.

b) Os importes obtidos, ó abeiro do previsto na letra a), manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 28º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal fora a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración, que iniciarán, en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

A contía da retribución das vacacións é a que figura na táboa salarial, anexo I, máis antigüidade.

Cando non exista prexuízo para a organización dos traballos, os traballadores poderán solicitar, e as empresas conceder un período de vacacións de quince días durante os meses de maio a setembro, ambos incluídos, e sempre en réxime rotatorio.

Artigo 29º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso de, polo menos, 48 horas, agás acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais retribuídos.

b) Falecemento: en caso de falecemento de esposa, pais, pais políticos e fillos e irmáns consanguíneos, será de cinco días naturais.

c) Nacemento de fillos: será sempre de sete días naturais.

d) Un día por matrimonio de fillos.

e) Dous días naturais, por enfermidade grave do cónxuxe ou parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames, como consecuencia dos estudios que estea realizando, en centros de ensino, universitarios, de formación profesional, de carácter público ou privado, recoñecidos.

As retribucións correspondentes ós días de licencias serán as mesmas que en vacacións.

Contratación

Artigo 30º.-Contratación.

O ingreso ó traballo poderase realizar de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións complementarias e no convenio xeral do sector.

Artigo 31º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Este contrato é o que concertan o empresario e o traballador para a prestación laboral deste na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que realizarán empresarios e traballadores en tódolos centros de traballo de carácter permanente.

Artigo 32º.-Contrato para traballo fixo de obra.

1. Segundo o previsto no art. 15.1º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores este contrato ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados, e formalizarase sempre por escrito.

2. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e rematarán cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

3. Malia o anterior, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos agás cos traballos da súa especialidade na última obra se prolonguen máis alá do dito termo, sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos. Para tal efecto, subscribirán o correspondente documento segundo o modelo que figura no anexo IV.

4. O cesamento dos traballadores deberase producir cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

Este cese deberáselle comunciar por escrito ó traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable.

Todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnnización deberase incluír no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

5. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario, e allea á súa vontade, tras darlle conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á Comisión Paritaria Provincial, operarán o remate de obra e cesamento previstos no punto 1, a excepción do aviso previo. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contado desde a notificación.

O empresario contrae tamén a obriga de lle ofrecer un novo emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por este remate de obra poderase incluír no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

6. En tódolos supostos regulados nos puntos anteriores e segundo o previsto no artigo 49.1º c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 33º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2720/1998, ou norma que o substitúa, agás o contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez rematado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7% se a duración fose igual ou inferior a un ano, e do 4,5% se a duración fose superior a un ano, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato. Esta indemnización terá a consideración establecida pola normativa específica de aplicación, para os efectos do disposto no art. 49.1º c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. O contrato de duración determinada previsto no punto 1 b) do artigo 15 do testo refundido do Lei do Estatuto dos traballadores tendo unha duración máxima de doce meses nun período de 18 meses, computándose a dita duración desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tal suposto, considérase que se produce a causa que xustifica a celebración do citado contrato, nos casos previstos no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cando se incrementou o volume de traballo ou se considere necesario aumenta-lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten o seu servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta a disposición, aplicarán as condicións pactadas nas táboas salariais deste convenio provincial.

4. Contrato para a formación.

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación deber recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación teórica e práctica correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

4.2. De conformidade co establecido no punto 2 da disposición transitoria primeira do CXSC, esta regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios de ámbito inferior ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos puntos 4.9 e 4.10 deste artigo.

4.3. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4.4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas teconoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 31º, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do CXSC.

4.5. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e sexan menores de 21 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.6. Igualmente, poderase celebra-lo contrato para a formación, sen restricción ó límite superior de idade anteriormente sinalado, cos seguintes colectivos de traballadores desempregados:

-Minusválidos.

-Traballadores estranxeiros durante os dous primeiros anos de vixencia do seu permiso de traballo, agás que acredite a formación e experiencia necesarias para o desempeño do posto de traballo.

-Aqueles que leven máis de tres anos sen actividade laboral.

-Os que se encontren en situación de exclusión social.

-Os que se incorporen como alumnos-traballadores ós programas de escolas-taller, casas de oficio e talleres de emprego.

4.7. O tipo de traballo que deba presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecemento profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade, os menores de 18 anos para os oficicios de vixilante, poceiro, estibador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

4.8. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos para os contratos ós que se refire o punto 4.5 precedente, nin de dous para os colectivos ós que se refire o punto 4.6, sen prexuízo do establecido no punto 4.12.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de remate do contrato deberase axustar ós prazos e forma que indica o artigo 28.1º do CXSC.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.9. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

O empresario, no contrato de traballo, está obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que, polo seu oficio ou posto cualificado, desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có traballador en formación.

4.10. A retribución dos contratos para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

Agás colectivos punto 4.6 deste artigo:

Primeiro ano: 60 por 100.

Segundo ano: 70 por 100.

Terceiro ano: 85 por 100.

Colectivos do punto 4.6 deste artigo:

Primeiro ano: 95 por 100.

Segundo ano: 100 por 100.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

Esta retribución enténdese referida a unha xornada do 100 por cento de traballo efectivo.

4.11. O complemento extrasalarial regulado no artigo 66 do CXSC será devengado polos contratados en formación na mesma contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores durante os días en que dure o contrato.

4.12. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel en que o contrato estivese suspendido.

4.13. Se, concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación e do aproveitamento que, ó seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5 por cento, calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e dicidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 34º.-Traballos noctunos.

O persoal que traballe entre as 22 horas e as seis da mañá percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ó 25 por cento do salario base da súa categoría.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboaráselle un complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboaráselle o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 35º.-Traballo por tarefa, axustado ou por unidade de obra, con primas á producción ou con incentivo.

1. Caracterízanse estes sistemas por poñer en relación directa a retribución coa producción do traballo, con independencia, en principio, do tempo investido na súa realización e por ter como obxectivo a consecución dun rendemento superior ó normal.

2. O traballo ou tarefa consiste na realización, por xornada, dunha determinada cantidade de obra ou traballo.

Se o traballador remata a tarefa antes de concluí-la xornada diaria, a empresa poderalle ofrecer, e este aceptar ou non, entre continuar prestando os seus servicios ata o remate da xornada ou que abandone o traballo, dándoa por concluída.

No primeiro caso, a empresa deberá aboa-lo tempo que medie entre o remate da tarefa e a conclusión da xornada diaria como se se tratase de horas extraordinarias, pero sen que se computen estas para o efecto do límite fixado por elas no artigo 35.2º do Estatuto dos traballadores e sen que poida esixirse durante o dito período un rendemento superior ó normal.

3. Nos traballos axustados ou por unidade de obra, e para efectos da súa retribución, só se atende a cantidade e calidade da obra ou traballo realizado, pagándose por pezas, medidas, anacos, conxuntos ou unidades determinadas, independentemente do tempo investido na súa realización, se ben se pode estipular un prazo para o seu remate; neste caso deberase rematar dentro del, pero sen que poida esixirse un rendemento superior ó normal.

4. Nos traballos que se presten á súa aplicación, poderanse establecer primas á productividade ou incentivos, de tal forma que ós maiores rendementos que se acaden no traballo correspondan uns ingresos que garden respecto ós normais, polo menos, a mesma proporción cá dos ditos rendementos en relación cos normais.

5. Se en calquera dos sistemas previstos neste artigo o traballador non acadase o rendemento previsto por causa non imputable á empresa nin ó traballador, este terá dereito, polo menos, ó salario fixado para a súa categoría profesional no convenio colectivo aplicable, máis un 25 por cento.

6. Previamente á súa implantación ou revisión colectivas destes sistemas, en canto supoñen casos submisibles nos supostos de feito do artigo 64.1.4ªd) ou e) do Estatuto dos traballadores, deberáselles solicitar, se é o caso, ós representantes legais dos traballadores o informe que ó dito precepto se refire, e que deberán estes emitir no prazo improrrogable de 15 días, estando suxeita a dita implantación ou revisión ó disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Os artigos 30º a 35º terán validez en tanto en canto a teña o CXSC.

Artigo 36º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse, por escrito, un período de proba que, en ningún caso, podará exceder de:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Empregados:

-Niveis III, IV e V: 3 meses.

-Niveis VI ó X: 2 meses.

-Resto do persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

-Encargados e capataces: 1 mes.

-Resto do persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba, o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, agás os derivados da resolución da relación laboral, que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-lo desistimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de permanencia na empresa.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, en contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla provisional acreditaren o seu cumprimento en calquera empresa anterior.

Artigo 37º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no punto 2.b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998, os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 38º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do dous por cento realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanentes.

Ordenación e prestación do traballo

Artigo 39º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral para o ano 2002 de 40 horas semanais de traballo efectivo, o que supón un cómputo anual de traballo efectivo de 1.756 horas, segundo o calendario laboral publicado no BOP nº 10, do 12 de xaneiro de 2002.

Artigo 40º.-Horario de traballo.

O horario de traballo en xornada normal de actividade laboral para cada un dos centros de traballo indicados no artigo anterior será o seguinte:

Nas obras, almacéns, parque e talleres, así como nas súas oficinas, o horario distribuirase en oito horas de luns a venres, ambos inclusive.

Salvo a excepción feita no parágrafo seguinte, o horario estará comprendido entre as 8 e as 19 horas, de luns a venres, salvo pacto escrito en contrario.

Durante os meses de novembro a febreiro, ambos inclusive, facúltanse as empresas para iniciaren a xornada diaria de traballo ás 9 horas da mañá.

O horario das oficinas, así como o do persoal adscrito ós servicios de vixilancia, mantemento e sostemento de inmobles e de mantemento de canteiras, graveiras e areeiras e traballos por quendas, determinarano libremente as empresas, axustándose ás necesidades do servicio que prestan.

A puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores afectados por este convenio.

Enténdese por puntualidade a presencia do persoal ás horas de comezo da xornada no seu posto de traballo e coa roupa de traballo posta, así como o non abandona-lo posto de traballo antes das horas de terminación.

Artigo 41º.-Ascensos, procedemento.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza será de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, tendo en conta a formación, méritos e permanencia do traballador na empresa, e poderán tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 42º.-Aviso previo de cesamento.

Os avisos previos de cesamento, en todo caso, efectuaranse con quince días de anticipación. Así mesmo, os traballadores que desexen cesar na prestación dos seus servicios estarán obrigados a comunicalo cunha antelación de sete días. Para este fin, a empresa facilitaralle ó traballador un xustificante no que conste a petición da dita baixa.

O incumprimento da obriga de preavisar coa referida anticipación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe do seu salario por cada día de atraso no aviso.

O incumprimento desta obriga, imputable á empresa, comportará o dereito do traballador a ser indemnizado co importe do seu salario diario por cada día de atraso no aviso.

Non obstante, o empresario poderá substituí-lo aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitido, calculada segundo salario do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita de cesamento.

A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Artigo 43º A indemnización correspondente ó cesamento dos traballadores fixos de obra, se procede, será de acordo co establecido no artigo 32º do convenio.

Artigo 44º.-Liquidacións.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador, para que xurdan plenos efectos liberatorios, deberá ser conforme o modelo que figura como anexo III deste convenio. A Confederación Nacional da Construcción editarao e proverá de exemplares a tódalas organizacións patronais provinciais.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación no modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo da liquidación, que será expedido pola organización patronal correspondente (Apecco), numerado, selado e datado, terá validez unicamente dentro dos quince días naturais seguintes á data en que foi expedido. A organización patronal que o expida virá abrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador, non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio, no acto de asinamento do recibo de liquidación.

Artigo 45º.-Recuperación de horas non traballadas.

O 70% das horas non traballadas por interrupción da actividade, debido a causas de forza maior, accidentes atmosféricos, inclemencias do tempo, falta de subministracións, ou calquera outra causa non imputable á empresa, recuperaranse a razón dunha hora nos días laborables seguintes, logo de comunicación ós traballadores afectados e, se é o caso, ós seus representantes legais no centro de traballo.

No suposto de que a referida interrupción alcance un período de tempo superior a 24 horas efectivas de traballo, haberá que aterse ó disposto en materia de suspensión do contrato, por causa de forza maior no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 46º.-Condicións de aplicación.

As táboas de niveis de productividade só se aplicarán nos centros de traballo que teñan comité de seguridade e saúde ou representantes dos traballadores, sempre que a lei determine a existencia de ámbolos órganos.

As táboas de niveis normais de productividade poderán aplicarse en tódolos centros de traballo, sempre que no posto de traballo obxecto de medición se cumpran as medidas de seguridade establecidas na lexislación vixente.

Naquelas empresas ou centros de traballo nos que a lei non estableza a posibilidade de elección de representantes de traballadores por non reuni-lo mínimo do cadro de persoal requirido, ou para resolve-las disposicións que puidesen xurdir sobre a aplicación das táboas de niveis normais de productividade, será competente o Instituto de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, organismo ante o que se semeten as partes en litixio.

Artigo 47º.-Normas de aplicación.

Cando se decida obter verificación do cumprimento das táboas de niveis normais de productividade a que fai referencia o presente convenio, a empresa deberá entregarlle ó traballador suxeito a tal verificación o parte de traballo segundo modelo incorporado como anexo ó presente convenio, no que figurará o nome do dito traballador, a data, a especificación da unidade e, se é o caso, o número de traballadores implicados na execución dela, así como as súas categorías e un apartado para observacións.

Con carácter xeral, salvo pacto individual en contrario e dentro da xornada laboral, o parte de traballo será cuberto polo mando correspondente e asinado polo traballador en caso de conformidade, facilitándoselle copia do dito parte.

No caso de discrepancias respecto da aplicación de calquera das unidades contidas nas táboas de niveis normais de productividade, de desconformidade por erro aritmético na medición ou falta das condicións obxectivas nas que deba realizarse, seguirase o seguinte procedemento:

1. O traballador, directa ou persoalmente, poderá formular alegacións ante o propio xefe receptor do parte, no mesmo momento en que se suxeite a discrepancia ou inicio da xornada seguinte.

De non formularse a reclamación no citado prazo, entenderase que houbo conformidade tácita entre ámbalas partes.

2. De manterse a discrepancia, o traballador poderá, acompañado dun representante dos traballadores, se estivese no centro de traballo, e xunto co mando correspondente, acudir ó mando superior, neste caso o parte poderá ser formado polo representante dos traballadores; ámbalas partes poderán facer alegacións e observacións que consideren oportunas.

O prazo máximo para facer ámbalas reclamacións non poderá superar en ningún caso o termo de xornada laboral inmediatamente seguinte. De non for

mularse reclamación ningunha neste prazo, presumirase a conformidade do traballador co consignado no parte.

Artigo 48º.-Cómputo.

O cómputo da medición será semanal e referido a cada xornada de traballo.

Artigo 49º

As empresas publicarán no taboleiro de anuncios de cada centro de traballo cunha semana de antelación, a posta en práctica das táboas de productividade.

Artigo 50º.-Revisión.

As unidades publicadas só poderán ser obxecto de revisión cando se produzan variacións das condicións ou métodos operativos con que se calculasen, así como en función da súa plena adaptación ás peculiaridades desta provincia.

Varios

Artigo 51º.-Recoñecementos médicos.

Sen prexuízo de cantas obrigas e criterios se establecen en canto a vixilancia da saúde no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, as partes acordan:

1. A empresa estará obrigada a lles realizar recoñecemento médico previo á admisión e recoñecementos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, polo menos, unha vez ó ano.

Os recoñecementos periódicos posteriores ó de admisión serán de libre aceptación para o traballador, se ben, por requirimento da empresa, deberá asina-la non aceptación cando non se desexe someter ós ditos recoñecementos.

2. En tódolos casos o recoñecemento médico será adecuado ó posto de traballo de que se trate.

3. A comisión paritaria sectorial de seguridade e saúde estudiará no futuro a posibilidade e conveniencia de establece-los aspectos mínimos que deba comprender todo recoñecemento médico.

Tamén estudiará a formar de evita-la repetición de recoñecementos médicos a un mesmo traballador nun mesmo ano, por cambio de empresa, unha vez que se implante a cartilla profesional.

4. Serán por conta exclusiva da empresa os custos dos recoñecementos médicos e, nos xornais, ademais, os gastos de desprazamento orixinados por eles.

Este artigo terá validez en tanto estea vixente no CXSC.

Artigo 52º.-Indemnizacións.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos de táboas do convenio aplicable, vixente en cada momento.

En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, de5rivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional 36.000 euros.

En caso de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional 20.000 euros.

Para a cobertura das indemnizacións previstas nos puntos b) e c) as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que terán que exhibir ó traballador que así o solicite.

Agás designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización faráselle efectiva ó traballador accidentado ou, en caso de falecemento, ós herdeiros legais do traballador.

A materia regulada neste artigo, por ser das reservadas ó ambito xeral estatal, non poderán ser obxecto de regulación en ámbito inferior, e será compensable e absorbible coas indemnizacións que por estes conceptos estivesen establecidas con anterioridade á entrada en vigor do convenio xeral do sector da construcción de 1992, tivesen establecidas indemnizacións superiores para estes supostos, manteranas como condicións máis beneficiosa, ata seren alcanzadas por este.

As indemnizacións previstas nos puntos b) e c) deste artigo será consideradas a conta de calquera outra cantidade que puidese ser recoñecida como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de condenas penais esixidas ou impostas ó empresario, debendo deducirse destas en todo caso, tendo en conta a natureza civil que teñen e que ámbalas partes lle recoñecen. Tampouco as devanditas indemnizacións poderán servir como base para a imposición da recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

Para os efectos de acredita-lo dereito ás indemnizacións aquí pactadas considerarase como data do feito causante aquela na que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

As indemnizacións pactadas comezarán a obrigar ós 30 días da publicación do convenio xeral.

Artigo 53º.-Complemento de hospitalización.

No caso de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e en horario de traballo, e que dea lugar a hospitalización a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade laboral e transitoria, garante o cento por cento do salario real e durante un período máximo de seis meses, salvo que finalice antes o contrato de traballo ou a obra.

Representantes dos traballadores

Artigo 54º.-Dereitos sindicais dos delegados sindicais e a súa actividade nos centros de traballo.

Recoñecerase un delegado sindical naqueles centros de traballo cun cadro de persoal que exceda de 250 traballadores, e cando as sindicais ou centrais posúan nelas unha afiliación do 15% daquela.

O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas e preferentemente será membro do comité de empresa.

Artigo 56º.-Funcións dos delegados sindicais.

a) Representar e defende-los intereses do sindicato ó que representan e dos afiliados del na empresa, así como servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical ou sindicato e a dirección das respectivas empresas.

b) Poderá asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto, e sempre que tales órganos admitan a súa presencia.

c) O delegado sindical terá acceso á mesma información e documentación que a empresa debe pór á disposición do comité de empresa ou delegados de persoal, de acordo co regulado a través da lei, e estará abrigado a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

d) O delegado sindical posuirá as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e convenios colectivos ós comités de empresa e delegados de persoal.

e) Os delegados sindicais serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados ó sindicato ou central.

f) Serán, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo:

1. Respecto dos despedimentos e sancións que afecten os afiliados ó sindicato ou central.

2. En materia de reestructuración de cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores cando revista carácter colectivo, ou do centro de traballo en xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores.

3. A implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

g) O delegado sindical poderá recada-las cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, todo iso fóra das horas efectivas de traballo.

h) Naqueles centros de traballo nos que se implantase o nivel de productividade que se sinala neste convenio, o delegado sindical estará facultado para vixia-la súa aplicación.

i) Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que puidesen interesarlles ós respectivos afiliados ó sindicato, e ós traballadores en xeral, a empresa porá á disposición do sindicato do que teña representación o delegado, un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e en lugar visible, onde se garante un adecuado acceso a el para tódolos traballadores.

j) Respecto ó crédito de horas mensuais retribuídas, que se é o caso corresponden ó delegado sindical para o exercicio das súas funcións de representación,

poderán ser acumulativas, por períodos trimestrais, no ben entendido caso de que transcorrido este quedará cancelado automaticamente o saldo que puidese existir por horas.

k) Naqueles centros de traballo cun cadro de persoal superior a 1.000 traballadores, nos que materialmente sexa factible, a dirección da empresa faci litará a utilización dun local, co fin de que o delegado sindical exerza as funcións ou tarefas que como tal lle corresponden.

l) Os delegados sindicais cinguirán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lles son propias.

m) Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que presenten representación a que se refire o artigo 1º deste punto, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe de cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente da cartilla da caixa de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas deduccións salvo indicación do contrario, durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregará copia da transferencia ou ingreso á representación sindical da empresa, se a houber.

n) Excedencia. Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que presente cargo sindical de relevancia provincial, a nivel de secretario do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no termo dun mes ó finaliza-lo seu desempeño. Nas empresas con cadro de persoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que se produza do seu grupo profesional no seu cadro de persoal de pertenza, salvo pacto individual en contrario.

ñ) Participación nas negociacións de convenios colectivos. Os delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente Acordo Marco Interconfederal, implantadas nacionalmente, e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por elas, co fin de facilitarlles o seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

Artigo 56º.-Comités de empresa e delegados de persoal. Competencias.

Os comités de empresa, sen prexuízo dos dereitos e facultades conferidos legalmente, terán as seguintes competencias:

1. Recibir información, que lles será facilitada trimestralmente, polo menos sobre a evolución xeral

do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable de emprego na empresa.

2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa presente a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións ca estas.

3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais, daquel.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistema de organización e control de traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como dos documentos relativos á terminación da relación laboral.

6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

7. Coñecer, trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do ambiente laboral e os mecanismos de prevención.

8. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

9. Participar, como se determine regulamentariamente, na xestión de obras sociais establecidas pola empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

10. Colaborar coa dirección da empresa para segui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

11. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinalados nos apartados prece

dentes, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

12. Os informes que deba emiti-lo comité a teor das competencias recoñecidas deben elaborarse no prazo de 15 días.

Artigo 57º

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados do artigo precedente, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, en especial en todas aquelas materias que a empresa cualifica de carácter reservado.

Artigo 58º

Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, salvo en caso de que este se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación. Así mesmo, non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexialmente, se se trata do comité, con liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, e poderase publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

e) Dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas a cada un dos membros do comité ou delegado de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas funcións de representación, quedando facultados para a acumulación de horas dos distintos membros do comité de empresa e, se é o caso, dos delegados de persoal, nun ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total; poderán quedar relevados de traballo sen prexuízo da súa remuneración.

f) O comité velará non só porque nos procesos de relación de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego e ser informado do movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

Artigo 59º.-Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que, a xuízo dalgunha das partes, caiba cualificar de antisindicais, haberá que aterse ó disposto nas leis.

Artigo 60º.-Deberes do empresario.

En relación coa prestación do traballo, o empresario está obrigado a lles facilitar ós traballadores cantos medios sexan precisos para a adecuada realización do seu cometido, así como os medios de protección necesarios para efectos da súa seguridade e saúde no traballo, e velar polo uso efectivo deles e, en xeral, a respecta-los dereitos laborais dos traballadores, establecidos no artigo 4 do Estatuto dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-As táboas de retribucións que se incorporan como anexo I a este convenio formarán parte inseparable del e terán forza de obrigar en cada actividade.

Segunda.-A aplicación das melloras económicas do convenio terán repercursión nos prezos, incluso entre as empresas afectadas por el e para os contratos en curso. A dita repercusión será a correspondente ó incremento dos custos salariais que este convenio determine.

Terceira.-Os atrasos correspondentes do corrente ano poderán ser aboados a partir do asinamento deste convenio, se ben se fixa como data tope a dun mes despois da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Cuarta.-Formación continua. Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da Fundación Tripartita para la Formación Continua durante os anos de vixencia do presente convenio, xestionadas pola FLC, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou reduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa mediante resolu

ción motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas consideradas neste artigo, non superarán anualmente nin o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, que poderán distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas o traballador terá dereito ó salario que lle correspondese como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Quinta.-As partes asinantes aproban a ratificación e vinculación ó Acordo Sectorial Nacional da Construcción para 2002, que se xunta como anexo V a este convenio.

Sexta.-Faise constar expresamente que as modificacións introducidas neste convenio para a súa adaptación ó convenio xeral do sector da construcción terán validez en tanto en canto continúe en vigor o dito convenio.

Sétima.-O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio terán dereito a percibir, como atrasos, o tanto por cento que determinen a primeiros de ano a representación sindical e a patronal, que terán como base o IPC previsto polo Goberno.

ANEXO I

Táboa de retribucións

Vixencia do 1-1-2002 ó 31-12-2002

NiveisCategoríasSalarioComplemento

(por día efectivo de traballo)

GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia

e transporte

XulloNadal

IITitulado superior43,201.296,115,625,511.749,651.749,651.740,6522.199,6214,84

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª34,431.032,925,624,481.417,311.417,311.417,3118.058,2512,11

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xral. de fábrica, encargado xeral32,92987,645,624,311.359,921.359,921.359,9217.346,8611,65

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefes de compras30,00899,985,623,951.249,161.249,161.249,1615.963,2010,79

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra25,57767,115,623,441.082,061.082,061.082,0613.876,919,44

NiveisCategoríasSalarioComplemento

(por día efectivo de traballo)

GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia

e transporte

XulloNadal

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz22,73681,865,623,41985,65985,65985,6512.566,688,65

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio22,25667,415,623,35964,64964,64964,6412.329,048,52

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio21,76652,775,623,29946,49946,49946,6912.097,858,39

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio21,085,623,20916,24916,24916,2411.759,748,20

XIEspecialista de 2ª, peón especial20,935,623,18911,44911,44911,4411.690,678,20

XIILimpadora, peón ordinario20,525,623,11894,84894,84894,8411.488,057,94

XIIIBotóns e pinches de 16 a 18 anos16,964,112,53725,56725,56725,569.325,720,00

NOTA: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior ó 1-6-1992, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis:

Nivel VII: oficial 2ª administrativo.

Nivel VIII: Aux. técnico e administrativo.

Nivel IX: listeiro.

Para as categorías con devengos mensuais, o salario multiplícase por 30 días e os complementos de asistencia, transporte e distancia por 22 días.

A retribución do traballador en prácticas durante o primeiro ano de vixencia será do 60% e para o segundo ano do 75% desta táboa.

Días do ano:365

Sábados: -51 (1 fest.)

Domingos: -52

Festivos nacionais: -12

Festivos locais: -2

Días de traballo anual:248

Adapt. conv. nacional: -7,5

Total días de traballo:240,5

Total horas de traballo:1.984

Adaptación ó convenio nacioNal: -60

30 días naturais de vacacións: -168

Total horas efectivas de traballo:1.756

Notas:

1. As festas locais 12 de febreiro e 7 de outubro refírense ó Concello da Coruña. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP, nº 270, de data 24-11-2001.

2. Os días sinalados como (FC-8) teñen tratamento de festivo no ano 2002, para lle dar cumprimento ó art. 70.1º do convenio xeral do sector da construcción, publicado en data 28 de xaneiro de 1988 e publicado no BOE con data 4-6-1998, non perdendo po tanto o seu carácter laboral para futuros convenios.

3. Cando un Festivo Local (FL) coincida con algún Festivo Convenio (FC-8), este pasará ó anterior día laboral.

4. Os días FC que figuran no calendario se coinciden en período vacacional non computan para efectos de FC.

5. Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co art. 70.4º do convenio xeral do sector.

ANEXO III

Modelo de recibo de finiquito da relación laboral

Número ..............

Recibo de finiquito

D./Dna. ..., que traballou na empresa ... desde ... ata ..., coa categoría de ..., declaro que recibín desta a cantidade de ... euros, en concepto de liquidación total pola miña baixa na empresa.

Quedo así indemnizado e liquidado, por tódolos conceptos que se puidesen derivar da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que non teño nada máis que reclamar, estando de acordo a empresa.

En ..., ... de ... de ...

O traballador,

O traballador (1) ... usa do seu dereito a que estea presente na sinatura un representante legal seu na empresa ou, no seu defecto, un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio.

(1) SI ou NON.

Este documento ten unha validez de 15 días naturais, contados desde la data da súa expedición.

Expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción da Coruña (Apecco).

Fecha de expedicións ...

Sello y firma

Este recibo non terá validez sen o selo e sinatura da organización empresarial correspondente ou se se formaliza en fotocopia ou outro medio de reproducción.

ANEXO IV

Empresa ...

Traballador ...

Categoría ...

De conformidade co estipulado no artigo 28 do convenio xeral do sector da construcción vixente, subscrito con data ... de ... de 20..., de común acordo coa empresa ..., o traballador acepta presta-los seus servicios no centro de traballo ..., a partir do día ... de ... de 20...

E para que así conste, ámbalas partes asinan este acordo en ... o ... de ... de 20..

O traballadorA empresa

ANEXO V

Acordo Sectorial Nacional da Construcción

para o ano 2002

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisiones Obreras (Fecoma-CC.OO.) Metal, Construcción y Afines Federación Estatal de la Unión General de Trabajadores (MCA-UGT), ambas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respetivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no artigo 3.2º do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), acordan:

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións deste Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CXSC).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo está vixente ata o 31 de decembro de 2002, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben este acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien para o ano 2002.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano manterán as condicións xa pactadas neles, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no punto anterior.

3. Os pactos contidos neste acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outras disposicións legais de carácter xeral que rexesen nas materias por el reguladas, agás que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

De acordo co establecido no artigo 72 do convenio xeral do sector da construcción, a xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste acordo será de 1756 horas.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 2002, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous con oitenta por cento (2,80%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no artigo 87.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Clásula de garantía.

1. No suposto de que o índice anual de prezos ó consumo (IPC) ó 31 de decembro de 2002 supere o 2% correspondente ó IPC previsto para 2002 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica para ese ano no exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais dos convenios do ano seguinte.

2. A devandita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de 12 membros que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empre

sarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste Acordo Sectorial Nacional terán a mesma eficacia cá da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do artigo 20 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no A.S.E.C. e asumido polas partes no convenio xeral do sector da construcción.

5. En todo caso, a comisión paritaria reunirase no mes de xaneiro de 2003 para enviar ó Boletín Oficial del Estado a revisión económica prevista no artigo 7º deste acordo.

Artigo 9º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que este acordo non precisa de denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro do ano 2002.