Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 205/2002 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que de seguido se mencionan as propostas de resolución dictadas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Número expediente: AC-EP 205/2002.

Denunciado: Juan Manuel López Arias.

DNI/CIF: 32676714.

Enderezo: r/ Real, nº 158-baixo. Ferrol.

Establecemento: Obsesión.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 100 A.

Número expediente: AC-EP 292/2002.

Denunciado: Rafael Saavedra López.

DNI/NIF: 35893641.

Enderezo: Monteagudo-Lugar A Cachada. Arteixo.

Establecemento: Lido.

Precepto infrinxido: 23 ñ) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 305 A.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 14 de outubro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña