Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 14 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da concesión de explotación derivada do P.I. Mariz 4, número 5729.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o dele

gado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo,

RESOLVE:

Darlle publicidade mediante a presente publicación á Resolución do 14 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da concesión de explotación derivada do P.I. Mariz 4, nº 5729, sita en terreos do concello de Friol, provincia de Lugo, promovido por Ingemarga, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 2,7368 ha, no concello de Friol, da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=593.422 e y=4.772.801, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 10 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo