Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/284-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: r/ Areal, 45 baixo, 15621 Cabanas (A Coruña).

Denominación: cambio localización do C.T. Areal I.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: liña eléctrica aerosubterránea de media tensión a 20 kV, con orixe na liña denominada L.M.T. ó C.T. Areal II e C.T. Anido, de 35 metros de lonxitude e en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, e final no apoio H.V.H. 13/2500 para paso aerosubterráneo, seguido de tramo subterráneo de 60 metros de lonxitude, en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al e final no C.T. Areal I, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo caseta, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado Areal I do que parte a rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. 0,6/1 kV de 3(1x40) mm de 600 metros de lonxitude, que se conecta á rede existente no lugar. Concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña