Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO, RIBADAVIA, BOBORÁS E LEIRO

EDICTO.

No BOP de Ourense nº 251, do 31 de outubro de 2002, publícase edicto desta mancomunidade turística polo que se anuncia concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a adxudicación das siguintes obras:

1. Restauración das murallas exteriores do Castelo dos Sarmiento (Ribadavia).

Orzamento: 139.806,19 euros, IVE incluído.

2. Rehabilitación da área etnográfica do contorno do regato do Foxo.

Orzamento: 123.381,35 euros, IVE incluído.

3. Acondicionamento e rehabilitación de inmobles para turismo rural en Pazos do Arenteiro (inmoble nº 1, 2ª fase).

Orzamento: 127.912,27 euros, IVE incluído.

4. Mellora do contorno do lavadeiro da Toscaña-Balneario.

Orzamento: 36.060,72 euros, IVE incluído.

5. Rede de sendeiros Terras do Avia, sendeiro do Arenteiro.

Orzamento: 50.274,58 euros, IVE incluído.

6. Acondicionamento e rehabilitación doutros inmobles en Pazos de Arenteiro (remates en 2 casas para turismo rural).

Orzamento: 18.734,75 euros, IVE incluído.

O prazo de presentación de proposicións é de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

O modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas, proxectos técnicos e demais documentación a disposición dos interesados nas oficinas municipais ou na Copistería Oficode, rúa Juan XXIII, nº 3, 32003 Ourense. Teléfono 988 37 06 95.

Leiro, 31 de outubro de 2002.

Francisco José Fernández Pérez

Presidente da Mancomunidade Turística

dos concellos do Carballiño,

Ribadavia, Boborás e Leiro