Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación de camiños municipais: Soutelo e A Cividá en Bueu; Vilar e Ouril en Beluso; O Xistro e A Costiña en Cela. PAM 2003. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 70.254,82 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10, 36930 Bueu (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 26 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8 á 14 horas, de luns a venres, de 9.30 a 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados de Documentación xeral, e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Máis información nos pregos, que se poderán consultar en horario de oficinas na propia casa do concello ou solicitar para a súa remisión por correo, segundo establecen estes.

Bueu, 30 de setembro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde