Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de outubro de 2002, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-1-CD/79, conta 384 e catro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que non resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou se constitúan en parte na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro

beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 9 de outubro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-José M. Miñán Insua e Victoria Rios Varela.

Expte. C-1-CD/79. (Desafiuzamento F.P. 27/02).

Conta: 384.

Polígono de Elviña 2ª fase, bloque 10, 6º D (A Coruña).

Importe débeda: 10.279,35 euros.

-Mª Carmen García Lamela e herdeiros de Gumersindo Pardo García.

Expte. C-2-IV/75. (Desafiuzamento F.P. 32/02).

Conta: 282.

Rúa Touro nº 47, bloque 19, 1º esq. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 2.743,80 euros.

-Juan Iglesias Pérez e herdeiros.

Expte. C-92/501. (Desafiuzamento F.P. 36/02).

Conta: 12.

Raxoeira, 3, P-1, 2º C, Milladoiro (Ames).

Importe débeda: 9.458,27 euros.

-Pablo Rodríguez Lastra e herdeiros.

Expte. C-1-CD/79. (Desafiuzamento F.P. 46/02).

Conta: 296.

Polígono de Elviña, 2ª fase, O Birloque, bloque 8, 4º B (A Coruña).

Importe débeda: 6.264,90 euros.

-José Manuel Herrera Trillo e herdeiros.

Expte. C-1-CD/79. (Desafiuzamento F.P. 45/02).

Conta: 138.

El Birloque, bloque 4, P-4. 4º D (A Coruña).

Importe débeda: 13.890,03 euros.