Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/314-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación 66/20 kV As Carolinas en Trabanca-Badiña.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: subestación tipo intemperie compacta de 66 kV instalacións de 66 kV: módulo de barras, 3 módulos de liña (Tibo I, Tibo II e Cambados), tres posicións de transformador 66/20 kV de potencia unitaria 20, 20 e 25 MVA. Instalacións de 20 kV: 13 celas de 20 kV, así como aparellaxe e equipos de control e protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra