Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.581

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión realizada o día 29 de outubro de 2002, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administra

ción Pública do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, unha vez recibida comunicación da Dirección Xeral da Función Pública no sentido de que a totalidade dos opositores que superaron o segundo exercicio da fase de oposición acreditaron a posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, polo que están exentos da realización

do terceiro exercicio, e de conformidade co disposto na base II.2.1.d) da devandita convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición se realizará o día 23 de novembro de 2002, no seminario D da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 11 horas, debendo estar presentes os opositores ás 10.45 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, textos legais sen comentarios e material de debuxo.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

Vicente Ruiz Soldevilla

Presidente do tribunal