Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de carga e descarga de materiais así como as montaxes e desmontaxes das estructuras necesarias para o desenvolvemento das actividades propias do Departamento de Cultura e Teatro Principal.

Tipo de licitación: será como máximo de 72.500 euros, IVE incluído. Os licitadores indicarán prezo por hora de cada persoa.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de 1 ano, improrrogable.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contado a partir do día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe do mesmo nome do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación (1.450 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde