Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.523

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 24 de outubro de 2002 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de novembro de 2001.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 234, do 4 de decembro), no uso das facultades

e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 234, do 4 de decembro de 2001).

Segundo.-Declarar deserta a citada convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE