Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Obxecto.

É a contratación mediante concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da obra plurianual (segundo figura no prego, anualidades 2002 e 2003) que se indica de seguido:

Obra: estabilización dunha ladeira en Barral (Cedeira).

Prazo de execución: tres (3) meses.

Orzamento: 232.186,59 A.

Fianza provisional: 2% do importe de licitación.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación: E-7-C/G-6-D.

Pregos e proxectos.

Rexerá o prego de condicións tipo publicado no BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002, podendo ser examinado conxuntamente co proxecto no negociado de obras do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral de entrada de documentos do Concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos trece días naturais seguintes, contado do día seguinte ó da última publicación do prestente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás 18 horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó modelo indicado no anexo II do prego de condicións.

Modelo de sobre: presentarase axustado ó modelo indicado no anexo III do prego de condicións.

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 24 de outubro de 2002.

Xoan Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente