Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña de alta tensión (L.A.T.) aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde subestación parque eólico de Álabe-Labrada ata L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, concello de Abadín (Lugo). (Expediente 38/2001 A.T.).

Examinado o expedinte instruído por instancia da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Parque Empre

sarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18, 28108 Alcobendas (Madrid), resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 4 de decembro de 2001 a devandita empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da dita instalación, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o 143 do Real decreto 1955/2000 que a desenvolve.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión (L.A.T.) aérea a 132 kV, para interconexión do parque eólico Álabe-Labrada e a L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, de 309 metros de lonxitude e composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable a terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

Orzamento: 54.583,55 euros.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu o devandito proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 20 de xuño de 2002, publicada no DOG do 12 de xullo, no BOP de Lugo do 15 de xullo e no diario El Progreso de Lugo do 5 de xullo. O anuncio estivo exposto no taboleiro de anuncios do Concello de Abadín.

Así mesmo, practicouse notificación individual ós interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expedinte conta con informe favorable da Delegación Provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, no seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la liña de alta tensión (L.A.T.) aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde subestación parque eólico de Álabe-Labrada ata L.A.T. aérea existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, no concello de Abadín (Lugo).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se menciona.

Terceiro.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas