Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/196-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: avda. San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ponte do Porto.

Situación: Camariñas.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión a 20 kV no seu tramo aéreo sobre apoios de formigón e en conductor LA-56, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Camariñas 804 seguido de tramo subterráneo, baixo tubo en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 1.113 m de lonxitude e final no C.T. Ponte do Porto que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte a rede subterránea de baixa tensión, en conductor R.V. de 795 m de lonxitude seguido de tramo aéreo de 100 m en Ponte do Porto-Camariñas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 18 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña