Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.447

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

ANUNCIO.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en uso das facultades que lle confire o artigo 40.3º ñ) da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, resolveu:

1. Outorgarlle a Marina Ría de Vigo, S.L. por Resolución do 26 de abril de 2002 autorización administrativa para ocupar unha superficie de lámina de auga de dominio público portuario en Ríos (Teis) en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para a localización de instalacións náutico-deportivas, con destino ó amarre de embarcacións de recreo e deportivas.

2. Outorgarlle a S.A. Tudela Veguin por Resolución do 31 de maio de 2002 concesión administrativa para ocupar unha superficie (47 m aproximadamente) anexa á concesión que ten outorgada por Resolución do 29-12-1994 no peirao do Areal, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para a instalación dunha báscula con destino a pesaxe de vehículos con carga de cemento.

3. Outorgar a Viguesa Naval de Calderería, S.A. por Resolución do 31 de maio de 2002, a ampliación de destino da concesión administrativa da que é titular, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, por Resolución do 29-12-2000 ó de caldeirería naval e mecánica naval, mantendo inalterable tódalas condicións que rexen o outorgamento da concesión antes referida.

4. Outorgarlle ó Consorcio da Zona Franca de Vigo por Resolución do 31 de maio de 2002 concesión administrativa para ocupar unha superficie de aproximadamente 110 m de lámina de auga, en Punta do Muíño-Alcabre, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino á construcción dun emisario submarino para servicio do Museo do Mar de Galicia.

5. Outorgarlle a Francisco Cardama, S.A. por Resolución do 31 de maio de 2002 concesión administrativa ocupar unha nova superficie de lámina de auga de dominio público na avenida de Beiramar, dentro da zona de servicio do porto de Vigo con destino a estaleiro e varadoiro como ampliación da concesión da que ostenta a titularidade por Resolución do 22-2-2002, así como obras de reforma nas instalacións existentes.

6. Outorgarlle a Terminales Marítimas de Vigo, S.L. por Resolución do 31 de maio de 2002 concesión administrativa para ocupar unha superficie (52.000 m aproximadamente) por un período que finaliza o día 19 de maio de 2018, no peirao de Guixar, dentro da zona de servicio do porto de Vigo con destino a terminal pública de contedores.

7. Outorgarlle á Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo por Resolución do 26 de xullo de 2002 autorización administrativa para a instalación de pantaláns flotantes con destino ó amarre de embarcacións menores pertencentes a membros da entidade, en Bouzas, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

8. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Peixesport, S.L. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa (1.677 m de superficie) na ampliación do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo con destino a actividades pesqueiras e industria alimentaria baseada na pesca fresca.

9. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Breogán Teniente, S.L.U. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa (975 m de superficie) na ampliación do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo con destino a actividades pesqueiras e industria alimentaria baseada na pesca fresca.

10. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Humberto Larrea González por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa, para ocupa-la oficina nº 21 situada na 2ª planta do alboio xeral de empaque do porto pesqueiro con destino a consignación de buques de pesca.

11. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Coroso Pesca, S.L. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa, para ocupa-lo almacén para armadores nº 5-6 dos situados na dársena nº 1 de Bouzas, con destino a almacén para utensilios e artes de pesca do buque Meaban. E o almacén para armadores nº 23 da dársena nº 1 de Bouzas, con destino a almacén para utensilios e artes de pesca do buque Atlantic 52.

12. Outorgarlle por adxudicación por concurso a H2O Galicia, S.L. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa, para ocupa-la primeira e segunda planta do departamento nº 10 dos situados na zona exterior ó cerramento do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a actividades portuarias.

13. Outorgarlle por adxudicación por concurso a José Luis Cabaco Troncoso por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa, para ocupa-lo almacén nº 42 dos situados no alboio xeral de empaque do porto pesqueiro, con destino á manipulación de peixe fresco. Eméndase un erro no nome do concesionario por Resolución do 27 de setembro de 2002 polo que o nome do concesionario é Pescados J.L. Cabaco, S.L.

14. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Regional Mercadorías Sociedad Central de Aprovisionamiento, S.A. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa, para ocupa-la oficina nº 6 das situadas na primeira planta da nova lonxa de altura do porto pesqueiro, con destino á xestión e distribución de peixe fresco.

15. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Tusapesca, S.A. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha concesión administrativa, para ocupa-lo almacén nº 11-12 dos situados na dársena nº 1 de Bouzas, con destino a almacén para utensilios e artes de pesca dos buques Makús e Tusapesca.

16. Outorgarlle por adxudicación por concurso a Manuel Martínez Álvarez e hijos, C.B. por Resolución do 28 de xuño de 2002 unha autorización administrativa para ocupa-lo almacén nº 56 dos situados na dársena nº 2 do porto pesqueiro, con destino a almacén para utensilios e artes de pesca dos buques Segundo Ribel e Ribel Tercero.

17. Outorgarlle á entidade Duchess, S.A. por Resolución do 27 de setembro de 2002 unha concesión administrativa para a modificación do destino e a realización de obras de adaptación do antigo cargadeiro de mineral sito en Rande, Redondela, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a recepción, almacenamento e distribución de cemento e productos de adición, do que ostenta a titularidade por resolución do Consello de Administración da A.P.V. do 26-9-1996, como transferencia das outorgadas no seu día por O.M. do 5-12-1960, 17-7-1964 e 15-12-1971, á empresa Minero Siderúrgica de Ponferrada, S.A., que serán anuladas e substituídas pola presente concesión.

18. Outorgarlle a Elaborados Freiremar Vigo, S.A. por Resolución do 27 de setembro de 2002 unha concesión administrativa para ocupar 2.720 metros de infraestructura para canalización de dominio público portuario, con destino á instalación dunha fibra morta de conexión entre os seus centros de traballo situados en Orillamar e na esplanada anexa ó peirao de reparacións, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

19. Outorgarlle a Marina Ría de Vigo, S.L. por Resolución do 27 de setembro de 2002 unha autorización administrativa para ocupar parte dunha nave (de 40 m) situada en terreo de dominio público portuario, no lugar de Chumba, en Teis, Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a escola de vela.

20. Outorgarlle a Fis Latino World Fihs Site, S.L. por Resolución do 27 de setembro de 2002 unha autorización administrativa para ocupa-la oficina nº 1 situada na 1ª planta do edificio de vendedores do porto pesqueiro de Vigo, con destino a oficina para lonxa virtual.

21. Outorgarlle a Caixanova, S.A. por Resolución do 27 de setembro de 2002 unha autorización administrativa para ocupar unha superficie no edificio de vendedores do porto pesqueiro, con destino a oficina bancaria.

O que se publica para xeral coñecemento.

En Vigo, 8 de outubro de 2002.

Julio Pedrosa Vicente

Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo