Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de facturación da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela, de acordo co disposto nos artigos 25 ó 39 do Regulamento da devandita estación.

Tipo de licitación: os licitadores fixarán nas súas propostas o canon que aboarán ó concello. Este consistirá nunha cantidade mensual mínima de 500 euros, debendo realizarse as ofertas á alza.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de 2 anos prorrogables.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela, telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto do mesmo nome do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 5.000 euros.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo

día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde