Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (45/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 12 de setembro de 2002, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da zona 10 do SU-39 entre avda. de Santiago e Camiño Real de Cudeiro, por instancia de Manuel Carrajo Cortes, en representación de Construcciones Hermanos Carrajo, S.A., condicionado a que o solicitante, en comparecencia pública, asuma a obriga da conservación nas zonas de cesión que teñen aproveitamento baixo rasante, da construcción tanto no referente á estabilidade como á impermeabilización e a trasmiti-la dita obriga a posteriores adquerentes.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da zona 10 do SU-39, entre avda. de Santiago e Camiño Real de Cudeiro, por instancia de Manuel Carrajo Cortes, en representación de Construcciones Hermanos Carrajo, S.A., coas condicións recollidas nos informes do Servicio de Enxeñería do 30 de xaneiro de 2002, da enxeñeira municipal da Concellería de Medio Ambiente do 13 de febreiro de 2002 e do Servicio Eléctrico do 21 de febreiro de 2002.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 20 de setembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente