Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO das bases do XVI Premio de Gravado Máximo Ramos.

O Concello de Ferrol, a través da súa Delegación de Cultura, convoca de novo o Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos, que está dotado cos seguintes premios:

-Primeiro premio: 6.010 euros.

-Segundo premio: 3.005 euros.

-Terceiro premio: 1.503 euros.

O certame está aberto a tódalas técnicas gráficas reproducibles, así como a todas aquelas linguaxes, soportes ou variantes gráficas que o autor considere convenientes, incluída a tridimensionalidade.

Para máis información:

Correo electrónico: cultura*ferrol-concello.es.

Páxina web: www.ferrol-concello.es.

Ferrol, 21 de agosto de 2002.

Bonifacio Borreiros Fernández

Concelleiro delegado de Cultura