Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento para consulta de fisioterapia con destino a varios centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (lote único).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-05/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento para consulta de fisioterapia.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 62 do 1 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: cento corenta e oito mil cento oitenta e oito euros con IVE incluído (148.188 euros con IVE incluído), desagrégase en dúas anualidades:

Ano 2002:96.792 A.

Ano 2003:48.396 A.

Lote único: equipamento para consulta de fisioterapia.

Adxudicacións:

Lote único: equipamento para unha consulta de fisioterapia.

a) Data: 9 de xullo de 2002.

b) Contratista: Sanrosan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 81.745,14 euros para o ano 2002 e 40.872,57 para o ano 2003 IVE incluído.

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Antonio Fdez. Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos