Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador MP-54/2002 (montes-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador, por infracción á Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 e o Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a María José León Gómez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, adver

tíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 4 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: MP-54/2002.

Denunciada: Alsira Marañis Vázquez, enderezo r/ Castelao, nº 22, 1º, 1ª, Hospitalet, Barcelona.

Feitos denunciados: cortar máis árbores das autorizadas no monte Devesa de Pereirón, na parroquia de Mareiras, do concello de Dozón. Feitos ocorridos o día 15 de maio de 2002.

Data do acordo da incoación: 7-6-2002.

Precepto infrinxido: artigo 432 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei do 8 de xuño de 1957.

Precepto sancionador: artigo 432 do Regulamento de montes.

Sanción: 210 euros.