Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea M.S.A. III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 31-1-2002, Jesús Alberto Domínguez Chan solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea M.A.S. III.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección de Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba
o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Higinio Rodríguez Otero (35309513-M) e Rosalina Domínguez Muíños (35301038-V), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: M.A.S. III.
Localización:
Cuadrícula nº: 58.
Polígono: D.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 15-7-1965.
Remate vixencia: 23-7-2005.
Actuais titulares: Jesús Alberto Domínguez Chan (35267750-X) e Dorinda Muíños García (76856393-F).
Novos titulares: Higinio Rodríguez Otero (35309513-M) e Rosalina Domínguez Muíños (35301038-V).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencio
so-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 5 de marzo de 2002.
P.D. (Orde 14-6-1999; DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territoral de Vigo