Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/150).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A(S) e C.T. autoestrada Fene-Ferrol.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: recuamento das liñas eléctricas de media tensión aéreas a subterráneas por causa da autoestrada do atlántico a 15/20 kV en conductor R.H.V. de 240 mm Al.

L.M.T. a 15/20 kV de 250 m de lonxitude, que parte do cuádruple circuíto expediente 51021 e final na L.M.T. a C.T. estación expediente 50741.

L.M.T. de 480 m de lonxitude, que parte do cuádruple circuíto Cornido-Neda e final no DC Neda-Astano.

L.M.T. de 480 m de lonxitude que parte do mesmo punto da anterior pasando polo novo C.T. prefabricado de 400 kVA denominado subestación Neda e final no DC Neda-Astano. Concello de Neda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000,

do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 17 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña