Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e c. distribución escola telecomunicacións.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 415 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o centro de distribución que se proxecta fronte á escola de telecomunicacións, no concello de Vigo, ata as acometidas ós CC.TT. de Anfaco, escola fundición, ciencias do mar, escola telecomunicacións, edificio I+D e residencia estudiantes Marcosende. Centro de distribución con 8 celas de liña CML-SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra