Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. cruzamento colexio universitario-Marcosende.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 76 m de lonxitude, desde o C.T. que se proxecta nomeado cruzamento colexio universitario, no cruzamento coa estrada de acceso ó colexio Los Sauces, no concello de Vigo, rematando nas acometidas ós CC.TT. Pradoc e colexio universitario.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 11 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra