Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002 pola que se anuncia a contratación, polo trámite urxente, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de dotación de espacio cuberto no IES A Piringalla de Lugo.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

2. Obras obxecto de licitación de carácter individualizadas e autónomas.

1. Número de expediente: 06/2002 RAM.

1.1. Obxecto do contrato:

a) Dotación de espacio cuberto no IES A Piringalla.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 5 meses.

1.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso

1.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 108.717,31 A.

-Ano 2002: 54.000 A.

-Ano 2003: 54.717,31 A.

1.4. Garantía provisional: non se esixe.

1.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

1.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

1.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 1974.

3. Obtención de documentación e información: o proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, estará á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días laborais desde as 9 ás 14 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, sita na Rolda da Muralla, 70, 2º andar 27071, Lugo. Teléfono 982 29 41 90, nº fax 982 29 41 52 e a través do referido enderezo da Internet.

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, sito na Rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo. Tamén se poderán presentar mediante o seu envío por correo, e neste suposto, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax e na forma que se establece no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001) e no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: ver prego.

5. Apertura das ofertas.

A apertura das ofertas será realizada en acto público, pola mesa de contratación, a partir das 10 horas do sexto día natural seguinte ó do peche de admisión de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo (Rolda da Muralla, 70, 2º andar). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

6. Os gastos deste anuncio serán por conta da empresa adxudicataria.

Lugo, 24 de outubro de 2002.

P.D.(Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Jaime Santoalla Varela

Delegado provincial de Lugo