Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTAS

ANUNCIO.

Sometido a coñecemento do Pleno do concello, en sesión do 17 de outubro de 2002, o documento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de setembro de 2002, elaborado polo equipo de Norai, acordando simultaneamente abrir un trámite de información pública, que se iniciará coa publicación no xornal Faro de Vigo e rematará concluído un mes desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para que as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes, todo iso para efectos do previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Portas, 18 de outubro de 2002.

Roberto Vázquez Souto

Alcalde