Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e no artigo 76 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, publícase a adxudicación, mediante poxa, do alleamento dunha parcela con dúas edificacións, sita na parroquia de Guísamo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Bergondo.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: alleamento dunha parcela con dúas edificacións, sita na parroquia de Guísamo.

Datas de publicación do anuncio de licitación: BOP nº 174, do 31 de xullo, e DOG nº 147, do 1 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Ordinaria, aberto e poxa.

4. Orzamento base de licitación.

78.921,20 euros.

5. Adxudicación.

Data: 28-8-2002.

Órgano: Comisión de Goberno.

Adxudicatario: Telefónica de España, S.A.U.

Importe de adxudicación: 180.303,63 euros.

Bergondo, 18 de setembro de 2002.

Alejandra Pérez Máquez

Alcaldesa en funcións