Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Centros de Negocios, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Galega de Centros de Negocios.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 26 de setembro de 2002 a acta onde se reflicte a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Centros de Negocios, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Galega de Centros de Negocios.

Asinan a acta que reflicte a dita modificación estatutaria Enrique López Lorenzana e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais