Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea María del Mar e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 26-2-2002, Socorro Vidal Viturro solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea María del Mar.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Jesús María (76779369-X) e José Ramón Torrado Vidal (76966874-L), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: María del Mar.
Localización:
Cuadrícula nº: 34.
Polígono: C.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 26-10-1974 (BOE/DOG nº 193, do 13 de agosto).
Remate vixencia: 13-8-2005.
Actual titular: Socorro Vidal Viturro (76450503-K).
Novos titulares: Jesús María e José Ramón Torrado Vidal (76779369-X e 76966874-L).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 20 de setembro de 2002.
P.D. (Orde 14-6-1999; DOG nº 120, do 24 de xuño)
Beatriz Mato Otero
Delegada territoral da Coruña