De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.
Expediente sancionador: Secretaría 103/2002.
Denunciado/a: Anser Hostelería, S.L.
DNI/CIF: B15812670.
Último enderezo coñecido: San Francisco, 21. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: cento cincuenta euros con vintecinco céntimos.
A Coruña, 9 de setembro de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña