Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de outubro de 2002 pola que se lles outorga a consideración de edificio administrativo da Xunta de Galicia ós edificios de Ferrol e Ourense.

O Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, na súa disposición adicional única faculta o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para outorga-la consideración de edificios administrativos a aqueles recintos administrativos que se axusten ás condicións establecidas nel.

Co fin de levar a cabo mandato das disposicións establecidas no Decreto 179/1997, do 10 de xullo, faise necesario dispoñer dunha norma que outorgue a consideración de edificios administrativos da Xunta de Galicia ós de Ferrol e Ourense.

Por todo isto, no exercicio da facultade establecida na disposición derradeira única do Decreto 179/1997, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo único.

Segundo o establecido na disposición adicional única do Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, outórgase a consideración de edificio administrativo da Xunta de Galicia ós edificios actualmente sitos na praza Camilo José Cela, s/n, de Ferrol, e na avenida da Habana, 79, de Ourense.

Disposición adicional

Facúltase o delegado provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para levar a efecto o disposto neste decreto nos termos establecidos no Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública