Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIÓS

ANUNCIO.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 17 de outubro de 2002, aprobou inicialmente o documento para a modificación parcial da cualificación do solo da parcela municipal denominada As Moreiras, sita no núcleo rural de Riós, do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Riós. O que, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, se somete a información durante o prazo dun mes para os efectos de que cantos se consideren interesados ou afectados presenten no rexistro xeral desta entidade (con enderezo en: praza X. Antonio, 39, 32620 Riós-Ourense) as alegacións que coiden oportunas.

Riós, 21 de outubro de 2002.

Fco. Armando Veiga

Alcalde