Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/347-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento Caíña-Darbo.

Situación: concello de Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.Z., de 645 m de lonxitude, desde a L.M.T. CAG 802 (Erbello) entre os CC.TT. Darbo e Darbo igrexa, alimentando en bucle ó centro de seccionamento que se proxecta Caíña-Darbo, no concello de Cangas, rematando na mesma liña. Centro de seccionamento con 3 liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra