Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de remodelación da praza de Eladio Rodríguez en San Clodio, no concello de Leiro (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 02-01-Leiro.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación da praza de Eladio Rodríguez en San Clodio, no concello de Leiro (Ourense).

b) Lugar de execución: Leiro (Ourense).

c) Prazo de execución: dezasete (17) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos mil (200.000) euros.

5. Garantía provisional.

Esixirase unha fianza provisional de catro mil (4.000) euros (dispensada segundo o artigo 35 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

e) Telefax: 981 58 89 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a vinteún euros con setenta e sete céntimos (21,77 euros), (IVE incluído)

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G; subgrupo 6; categoría c).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1º Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2º Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3º Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes:

Oferta base: axustarase ó proxecto; non se admite ningunha modificación, agás o prezo.

Oferta variante: admitirase modifica-lo prazo.

9. Apertura das ofertas: en acto público, na sala de xuntas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: décimo (10º) día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (no DOG o custo máximo estimativo por liña é de 9,38 euros).

13. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos:

www.xunta.es/contratacion/resultado.asp/N=1973.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda