Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha subministración que ten por obxecto a adquisición de diverso equipamento informático para o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 626.1/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento informático, coa seguinte desagregación en lotes (ver prego de prescricións técnicas):

Lote 1: ordenadores persoais.

Lote 2: impresoras.

Lote 3: ordenador portátil.

b) Número de unidades que se entregarán: ver prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes: tres (3) lotes.

d) Lugar de entrega: IGE, Complexo Administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: quince (15) días, contado a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 53.500 euros, coa seguinte desagregación:

Lote 1: 45.000 euros.

Lote 2: 4.500 euros.

Lote 3: 4.000 euros.

5. Garantía provisional: 1.070 euros, coa seguinte desagregación:

Lote 1: 900 euros.

Lote 2: 90 euros.

Lote 3: 80 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Negociado de rexistro do IGE.

b) Domicilio, localidade e código postal: Complexo Administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela CP 15703.

c) Teléfono e fax: teléfono 981 54 13 21 e fax 981 54 13 23.

d) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 8 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE, de 9 a 14 horas.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: IGE.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense variantes sobre a configuración dos equipos informáticos.

9. Apertura de ofertas económicas:

a) Entidade: IGE.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

d) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde poden obterse os pregos:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1472

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística