Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, por concurso con procedemento aberto, de subministración dunha máquina cargadora-retroescavadora, das características que figuran no prego de condicións.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Nº de expediente: 21/2002. Obxecto do contrato: adquisición dunha máquina cargadora-retroescavadora. Lugar de entrega: A Estrada. Prazo de entrega: 30 días desde a adxudicación. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 57.449 A. Garantía provisional: 1.148,98 A. Garantía definitiva: o 4% da adxudicación. Obtención de documentación na Secretaría Xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, tlf. 986 57 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: nos quince días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas en días hábiles. Presentación de ofertas en tres sobres. No sobre 1.-Documentos. Sobre 2.-Proposición económica. Sobre 3.-Referencias para a selección. Apertura de plicas ás 12 horas do día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación. De ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Os pregos íntegros poden obterse na páxina web: http://www.aestrada.com/contratacion.

A Estrada, 30 de setembro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde