Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 17 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifica apertura de expediente sancionador, pendente de notificar, e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Marcote, Alberto Ismael).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segúndo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de expediente sancionador, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economia e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaria desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 17 de outubro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Rodríguez Marcote, Alberto Ismael.

DNI: 35996751-A.

Enderezo: Selene, 12. A Coruña.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns.

Exercicio: 1999.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA