Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de outubro do 2002 pola que se nomean os membros do xurado do Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e do Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de xullo de 2002 (DOG do 12 de xullo), convoca o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2002.

Na base sexta do artigo 1 da devandita orde establécese a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e do Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2002, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Luis Suárez-Llanos Gómez, catedrático de Dereito Mercantil e presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

Vocais:

Luis González Seara, catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Gonzalo Vázquez Gómez, catedrático de Teoría da Educación da Universidade Complutense de Madrid.

José Antonio García Caridad, presidente do Consello Consultivo de Galicia e presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Miguel Ángel Pérez Álvarez, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

Milagros Otero Parga, profesora de Filosofía do Dereito e decana da facultade de dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel María Varela Lafuente, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento que actuará con voz pero sen voto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública