Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de outubro de 2002 pola que se amplía o prazo de presentación dos xustificantes de gasto das axudas concedidas ó amparo da Orde do 29 de abril de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Servicios ó Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 91, do 13 de maio).

Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 29 de abril de 2002, aprobáronse as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Servicios ó Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e procédese á súa convocatoria.

No epígrafe segundo do punto oitavo da devandita orde establécese que nos proxectos de investigación de centros tecnolóxicos, de empresas e asociacións ou agrupacións de empresas e dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, para poder percibi-las axudas correspondentes será preciso presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os documentos requiridos.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo longo proceso de avaliación, considérase preciso amplia-lo prazo de xustificación dos gastos realizados no ano 2002 nos proxectos de investigación de centros tecnolóxicos, de empresas e asociacións ou agrupacións de empresas beneficiarios destas axudas incluídos nos anexos I (ciencias sociais) e II (sociedade da información) da Orde do 29 de abril de 2002.

En consecuencia, no uso da atribución que me foi concedida,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliar ata o día 18 de novembro de 2002 o prazo de presentación dos xustificantes correspondentes ós gastos realizados no ano 2002 nos proxectos de investigación de centros tecnolóxicos, de empresas e asociacións ou agrupacións de empresas concedidos ó amparo da Orde do 29 de abril de 2002, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, incluídos nos seguintes anexos:

I (ciencias sociais).

II (sociedade da información).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública