Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Usuarios del Mercadillo Municipal Virgen del Camino.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Usuarios del Mercadillo Municipal Virgen del Camino, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: comerciantes asociados.

Asinan a acta de constitución: Rosario Santiago Isorna e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 3 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra