Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: r/ Nicaragua, 10-3º esq., 15005 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. travesía Rosalía de Castro.
Situación: A Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 170 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al, que parte da L.M.T.S. que xunta os CC.TT. de Recreo I e II, e final no C.T. de travesía de Castro, tipo interior, de 250 kVA. Concello da Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de
instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 18 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña