Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Muxía.

2. Obxecto: contratación da execución da obra de mellora enerxética da iluminación pública.

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento tipo: 62.627,09 A.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Información: Concello de Muxía. Telf.: 981 74 20 01. Rúa Real, 35, Muxía.

7. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas dentro dos 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio. A documentación presentarase de acordo co establecido nos pregos.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións do concello, ás 13 horas do día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Os pregos de condicións polos que se rexe esta contratación quedan expostos ó público durante o prazo de 8 días.

Muxía, 15 de outubro de 2002.

Alberto Blanco Rodríguez

Alcalde