Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 608/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 608/2002.

Acta inf. nº 947/02 (I) e (II).

Empresa: Arte y Técnicas de la Construcción, Obras y Servicios, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15671712.

Enderezo: Viorneira, 4 baixo, O Milladoiro (Ames).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.803,05 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita realizada á obra de construcción sita en Solláns-Calo (Teo), en data 23-4-2002 comprobouse que os ocos das vivendas que se constrúen carecen de protección no baixo cuberta, a uns cinco metros de altura, onde se levan a cabo traballos de albanelería. Ademais, úsanse escaleiras de madeira con chanzos clavados.

Vulnéranse os artigos 14.2º, 15, 17, 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigos 11, 15 e anexo IV parte C 3 a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro; así como a O.M. do 28-8-1970.

Unha falta grave e outra leve, respectivamente, ámbalas dúas en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 12.16º f), 11.4º, 39.1º e 40.2º a), respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan no expediente:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 9 de outubro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña