Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, das consultorías e asistencias que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: preparación do acordo e replanteo de concentración parcelaria nas zonas de: 1) Visantoña (Santiso-A Coruña), ACRF-2995. 2) Touro-Quión (Touro-A Coruña), ACRF-2994. 3) Loxo-Enquerentes-Fonterosas-Ribeira (Touro-A Coruña), ACRF-2997. 4) Vigo (Carral-A Coruña), ACRF-2993. 5) Elaboración de informes para a consecución de firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de Ardemil (Ordes-A Coruña), EI-3016. 6) Revisión e actualización do expediente de concentración parcelaria para a consecución da entrega de títulos da propiedade na zona de Santiago de Prevediños II (Touro-A Coruña), APR-3141. 7) Revisión do proxecto e redacción do acordo, incluída a dixitalización e xeorreferenciación de planos e o levantamento e superposición de camiños, o posterior amolloamento e a confección dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria de Bogo (A Pontenova-Lugo), APR-3140. 8) Actualización do proxecto e redacción do acordo de

concentración parcelaria da zona de Galgao (Abadín-Lugo), AC-3159. 9) Proxecto de rede de camiños de servicio e obras na zona de

concentración parcelaria de Navallos (Ribeira de Piquín-Lugo), RC-3062. Replanteo novos predios resultantes da concentración parcelaria nas zonas de: 10) Espasande-Riotorto (Riotorto-Lugo), RF-2887. 11) Sobreganade (Porqueira-Ourense), RF-3082. 12) San Millán (Cualedro-Ourense), RF-2903. 13) Acordo e replanteo de novos predios na zona da Graña-Campo (Covelo-Pontevedra), ACRF-3108. 14) Estudios sobre preparación das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra), BD-3107, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: 14 consultorías e asistencias.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no cadro de datos básicos do prego cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

1) Preparación do acordo e replanteo de concentración parcelaria na zona de Visantoña, Santiso. ACRF-2995: 85.473,47 euros.

2) Preparación do acordo e replanteo de concentración parcelaria na zona de Touro-Quión, Touro. ACRF-2994: 127.109,55 euros.

3) Preparación do acordo e replanteo de concentración parcelaria na zona de Loxo-Enquerentes-Fonterrosas-Ribeira, Touro. ACRF-2997: 97.388,82 euros.

4) Preparación do acordo e replanteo de concentración parcelaria na zona de Vigo, Carral-Cambre. ACRF-2993: 67.220,68 euros.

5) Elaboración inf. para firmeza do acordo de concentración parcelaria na zona de Ardemil, Ordes. EI-3016: 51.309,47 euros.

6) Revisión e actualización de expediente de concentración parcelaria para entrega de título de propiedade na zona de Prevediños II, Touro. APR-3141: 30.429,43 euros.

7) Revisión prox. e redac. acdo., dix. e xeor. planos, lvto. e superpos. cños., amoll. e confec. e mec. tít. prop. predios result. zona de concentración parcelaria de Bogo, A Pontenova. APR-3140: 148.174,70 euros.

8) Acordo de concentración parcelaria da zona de Galgao, Abadín. AC-3159: 67.231,85 euros.

9) Redac. proxecto da rede de cños. de serv. e obras na zona de concentración parcelaria de Navallos, Ribeira de Piquín. RC-3062: 52.220,53 euros.

10) Replanteo novos predios result. da concentración parcelaria na zona de Espasande-Riotorto, Riotorto. RF-2887: 49.324,57 euros.

11) Replanteo novos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Sobreganade, Porqueira. RF-3082: 55.123,51 euros.

12) Replanteo novos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de San Millán, Cualedro. RF-2903: 71.149,96 euros.

13) Acordo e replanteo dos novos predios na zona da Graña-Campo, Covelo. ACRF-3108: 103.031,28 euros.

14) Bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Santa Baia de Losón, Lalín. BD-3107: 37.433,29 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada consultoría e asistencia.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada consultoría e asistencia.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 63.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós oito días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural