Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Cornido/Bazán entre os apoios 3 e 5 no termo municipal de Narón (A Coruña). (Expediente IN407A 02/168).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 10 de xuño de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, Cornido-Bazán, con ocasión da construcción da autopista de Atlántico, ó seu paso por Narón, consistente en:

-Implantar dous novos apoios metálicos 3A e 4A en substitución do antigo apoio nº 4, conductor tipo LA-180, de 390 m de lonxitude, en vans de 63 m, 187 m e 140 m, sen modifica-los apoios números 3 e 5. Concello de Narón.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 14 de xuño de 2002, publicada no DOG do 17 de xullo, no BOP da Coruña do 10 de xullo de 2002, e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Cornido/Bazán entre os apoios nº 3 e nº 5 no termo municipal de Narón (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas