Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-3/2002).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 30 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono G3.09 para a execución da intersección das rúas Ángel Rebollo e San Jorge, así como para completa-los servicios urbanísticos existentes, promovido por Pablo Veiga e outro, C.B.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Terceiro.-Notificar ó promotor do documento.

Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 5 de setembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo