Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de ordenación da Banda do Río, fase 3. Prazo: 3 meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 126.323,3 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10, 36930 Bueu (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: grupo E), subgrupo 1, categoría c), e no grupo G), subgrupo 6, categoría c).

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), das 8 ás 14 de luns a venres, das 9.30 ás 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello, ou na forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous sobres pechados, A e B, denominados de Documentación xeral, e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Máis información nos pregos, consultarase en horario de oficina na propia casa do concello ou solicitarse para a súa remisión por correo, segundo establecen estes.

Bueu, 11 de outubro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde