Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (56/2001).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, certifico que nos autos de menor contía 56/2001 se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o doce de febreiro de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía, seguido neste xulgado co número 56/2001, no que actuaron, como demandante, José Vispo Montero, representado polo procurador dos tribunais Manuel García Boado, e asistido pola letrada Rocío Blanco Rey, e como demandados Antonio Quintas Barroso, representado pola procuradora Mónica Vietes León e defendida polo letrado Antonio Neira Domínguez, e Alejandra Quintas Vidal, quen se aviu á demanda, representada polo procurador Antonio Cuns Núñez, e asistido da letrada María B. López Martínez, e

María del Carmen Quintans Torreiro e Ana Quintas Agra e Marta Quintans Agra, declaradas en rebeldía procesual.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Vispo Montero, representado polo procurador dos tribunais Manuel García Boado, e asistido pola letrada Rocío Blanco Rey contra Antonio Quintas Barroso, representado pola procuradora Mónica Vietes León e defendida polo letrado Antonio Neira Domínguez, e Alejandra Quintas Vidal, quen se aviu á demanda, representada polo procurador Antonio Cuns Núñez, e asistido da letrada María B. López Martínez, e María del Carmen Quintans Torreiro e Ana Quintas Agra e Marta Quintans Agra, declaradas en rebeldía procesual, condenándoos a pagar cada un deles a cantidade especificada no feito terceiro da demanda.

En canto ás custas procesuais e xuros, seguirase o sinalado no último fundamento xurídico.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lles sirva de notificación en forma ás demandadas rebeldes María del Carmen Quintans Torreiro e Ana e Marta Quintans Agra, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o catorce de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado