Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 32/2002.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: 2 espectrómetros de ICP-MS. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: non procede. d) Lugar de entrega: campus das Lagoas-Marcosende, Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación, Vigo. e) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 299.280 euros, IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 5.985,60 euros; definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: rúa Areal, nº 46, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: 14 de novembro de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnico-profesional: segundo o disposto no prego e de acordo co artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas para os empresarios españois da Comunidade Europea.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 21 de novembro de 2002, ás 14 horas. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: rúa Areal, nº 46-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará

obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da data fixada para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: rúa Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: 22 de novembro de 2002. e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son: prezo (35 puntos), calidade técnica (30 puntos), prazo de garantía (20 puntos), prazo de execución (10 puntos), servicio de asistencia técnica, postventa e repostos (5 puntos).

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 30 de setembro de 2002.

Vigo, 30 de setembro de 2002.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo